viernes, 17 de diciembre de 2010

EDICIÓN DE SON



  • Arquivos de son: 
  1. Os arquivos de son con perda son aqueles que usan un algoritmo de compresión con perda, é dicir un tipo de compresión que representa a información (por exemplo unha canción), pero intentando utilizar para iso unha cantidade menor de información. Isto fai que sexa imposible reconstruír exactamente a información orixinal do arquivo. 
  2. Os arquivos de son sen perda son aqueles que usando ou non métodos de compresión, representan a información sen intentar utilizar menor cantidade da información orixinal. Fan posible unha reconstrución exacta da información orixinal.
Arquivos de son con perda: 
  1. MP3 ou MPEG-1 Audio Layer 3: É un formato de audio dixital estándar comprimido con perda, a perda de información do formato mp3 non é audible polo oído humano, polo tanto non distinguiremos a diferenza entre un arquivo de audio sen compresión e un arquivo mp3. 
  2. ACC ou Advanced Audio Coding: É un formato de audio dixital estándar como extensión de MPEG-2 comprimido con perda, e ofrece máis calidade que mp3 e é máis estable para un mesmo número de Kbps e un mesmo tamaño. A súa compresión está baseada nos mesmos principios que a compresión MP3, coa diferenza de que ofrece a posibilidade de empregar frecuencias de mostraxe do rango de entre 8 Hz ata os 96 KHz. O método de codificación adapta automaticamente o número de Kbps (Bit rate) necesarios en función da complexidade da transmisión de audio en cada momento.
  3. Ogg: É un formato de audio dixital comprimido con perda. Normalmente os arquivos Ogg están comprimidos co códec Vorbis, que é un códec de audio libre que permite unha máxima flexibilidade á hora de elixir entre a ampla gama de bitrates segundo a complexidade da transmisión de audio, na relación calidad-bitrate, se encontra parello con MPEG-2 e na maioría dos bitrates é comparable ao formato ACC. 
  4. Real Audio ou RM: É un formato de arquivo pensado para as transmisións por internet en tempo real, por exemplo as radios que emiten online ou cando un servidor ten un arquivo de son almacenado e nós o escoitamos sen que o arquivo se cargue por completo nin se almacene no noso ordenador, isto é posible grazas ao proceso de Buffering que basicamente é recibir un paquete de son no noso reprodutor neste caso (Real Player) mentres o seguinte se almacena na carpeta de temporais ata que sexa requirido polo reprodutor. Con este sistema os arquivos non poden ser copiados. 
  5. WMA ou Windows Media Audio: É un formato de compresión de audio con perda aínda que tamén existe este formato con compresión sen perda. E está desenvolvido basicamente con fins comerciais para o reprodutor integrado en Windows, Windows Media Player. Está por debaixo do nivel dos anteriores formatos.
Arquivos de Son sen perda:
  1. AIFF ou Audio Interchange File Format que significa Formato de Arquivo de Intercambio de Audio, é un estándar de formato de arquivo de audio para vender datos de son para ordenadores, usado internacionalmente polos ordenadores Amiga e actualmente moi utilizado nos ordenadores Apple. 
  2. FLAC ou Free Lossless Audio Codec: é outro códec de compresión sen perda, e consegue reducir o tamaño dun arquivo de son orixinal de entre a metade ata tres cuartos do tamaño inicial. O formato FLAC adóitase usar para a venda de música por internet, e como alternativa ao MP3 para compartila cando se desexa reducir o tamaño que trendría un arquivo WAV-PCM sen perder calidade, xa que con este tipo de compresión poderemos reconstruír os datos orixinais do arquivo. Tamén se adoita usar para realizar copias de seguridade de CDs de audio e admite calquera resolución PCM de 4 a 32 bits, e calquera bitrates segundo a complexidade da transmisión de audio, na relación calidad-bitrate, se encontra parello con MPEG-2 e na maioría dos frecuencia de mostraxe (sample rate) dende 1 a 65535 KHz, en incrementos de 1 Hz.  
  3. WAV ou wave: Waveform Audio Format é un formato de audio dixital sen compresión que se emprega para almacenar sons no ordenadores con windows, é unha formato parecido ao AIFF pero tomando en conta peculiaridades de intel
  4. WMIDI: Interface Digital para Instrumentos Musicais, é considerado o estándar para industria da música electrónica. é moi útil para traballar con dispositivos como sintetizadores musicais ou tarxetas de Sonido.A súa extensión é.midi ou.mid.
  • Programas de edición de son:
  1. Audacity
  2. Power Sound Editor
  3. mp3DirectCut
  4. Music Editor Free
  5. Wavosaur
  6. Traverso DAW
  7. Ardour
  8. Rosegarden
  9. Hydrogen
  10. WavePad Sound Editor
  11. Sound Engine
  12. Expstudio Audio Editor
  13. DJ Audio Editor
  14. Eisenkraut
  15. FREE WAVE MP3 Editor
  16. Kangas Sound Editor
  17. Ecawave
  18. Audiobook Cutter
  19. Jokosher
  20. LMMS
  21. Mp3Splt
  22. Qtractor
  23. ReZound
  24. Sweep
  25. Wavesurfer
  •  Audacity:
Audacity é un programa libre e de código aberto para gravar e editar son. Está dispoñible para Mac OS X, Microsoft Windows, GNU/Linux e outros sistemas operativos.
 Foi creado en outono de 1999 por Dominic Mazzoni e Roger Dannenberg na universidade de Carnegie Mellon. Tras o cal foi publicado en SourceForge.net como software libre en maio de 2000.
As súas principais características son:
  1. Gravación de audio en tempo real; 
  2. Edición arquivos de audio tipo Ogg Vorbis, MP3, WAV, AIFF, AU, LOF e WMP;
  3. Conversión entre formatos de audio tipo;
  4. Importación de arquivos de formato MIDI,RAW e MP3
  5. Edición de pistas múltiples.
  6. Agregar efectos ao son (eco, investimento, ton, etc). 
  7. Posibilidade de usar plug-ins para aumentar a súa funcionalidade.
  • Titorial de audacity ( feito por ti, arquivo PDF en google sites incluindo capturas de pantalla e ligazóns).

      viernes, 3 de diciembre de 2010

      TARXETA GRÁFICA

      • As tarxetas gráficas, ou de vídeo, son os compoñentes encargados de crear e manexar as imaxes que vemos no noso monitor.As marcas maís coñecidas son ATI e NVIDIA.
      1. Interpreta os datos que lle chegan do procesador: Ordenaos e calculaos para poder presentalos no pantalla en forma dun rectángulo maís ou menos grandes compostos de puntos individuais de diferentes cores ( píxeles ).
      2. Colle a saida de datos dixitais resultante dese proceso: A transforma nunha sinal analóxica que poida entender o monitor.
      • Chips fundamentais dunha tarxeta gráfica:
      1. O microprocesador gráfico ( o cerebro da tarxeta gráfica ).
      2. O conversor analóxico-dixital o RAMDAC.
      •  Conexións PCI e AGP:
      1. Conexión AGP: É un porto estandar para a conexión de tarxetas gráficas ( coma un bus local ), está pensado unicamente para tarxetas gráficas que transmitan centos de MB/s de información, tipicamente as 3D. Presenta poucas gañanzas en prestacións frente as PCI, pero teñen a vantaxe de que as tarxetas AGP poden utilizar memoria do sistema como memoria de vídeo. Teñen varias subcategorías de BUS que influen na súa velocidade, o AGP 1x, 2x, 4x e o 8x. 
      2. Conexión PCI EXPRESS: É unha nova arquitectura de bus cuio ancho de banda é 3.5 veces superior a AGP8x e PCI no PC e da como resultado unha velocidade superior a 4GB por segundo nas transferencias de datos en ambas direccións, o que a comberte na máis recomendable á hora de adquirir unha tarxeta gráfica. En calquer caso o conector só pode limitar a velocidade dunha tarxeta, non a eleva, o que explica que algunhas tarxetas PCI sexan moitísimo máis rápidas que outras AGP máis baratas ou peor fabricadas.




        TARXETA DE SON

        • A tarxeta de son é a encargada de transformar o son analóxico en información dixital (ceros e uns), e viceversa. 
        1. Escoitar son almacenado nuns ficheiros denominados arquivos de son.
        2. Grabar e manipular os sons almacenados neses ficheiros.
        3. Incluir sons en documentos diversos: presentacións de Power Point, páxinas web....
        4. Escoitar CD musicais no ordenador.
        5. Utilizar programas de música para componer, retocar e reproducir melodías propias.
        • Función dos cinco conectores:
        1. Porto Midi/Joystick.Permite introducir son directamente dende un instrumento musical o conectar un joystick para xogos.
        2. Saida de audio.Envía o son a un amplificador ou grabador externo.
        3. Saida para altavoces o cascos.Permite conectar eses dispositivos.
        4. Entrada de micrófono.Permite introducir son do exterior: voz, música...
        5. Entrada de liña de audio.Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música, etc.