jueves, 3 de marzo de 2011

miércoles, 2 de marzo de 2011

Dispositivos da comunicación.Redes.

  • Redes locais
Unha rede interna, rede local ou LAN (Local Area Network) é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos (impresoras, hub, router...) dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/IP. Ás redes que utilizan este protocolo denomínallas intranets.
  • Topoloxía dunha rede 
  1. Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.
  2. Rede en estrela: Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable (un problema de comunicación non bloquea toda a rede), segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilízanse cables UTP.
  3. Hub: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
  4. Switch: Ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
  • Cableado dunha rede local   
  1. Cableado coaxial: Trátase dun cable que está formado por un fía condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
  2. Cableado UTP: Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ-45.
  3. Cableado de fibra óptica: A fibra optica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro (cada un transmite nunha soa dirección) protexidas por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.  
  • Redes inarámicas 
 Nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable (permanencia nunha localización concreta), xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
As tecnoloxías que permiten a conexión sen cables encóntranse en continua investigación, e baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, as distancias que alcanzan tamén van aumentando grazas a sistemas con novos protocolos como, por exemplo, WiMAX que permite unir dous puntos situados ata un máximo de 50 km con velocidades de ata 70
Mbps.
  • Redes externas. Internet 
 Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre se cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo paises; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dada a súa amplitude, se lle considera xa como unha rede global.
  • Redes privadas virtuais 
 As redes privadas virtuais, VPN (Virtual Private Network), son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
  • Conexión a través dunha liña telefónica 
  1. Módems: Os modems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional, RTC, (Rede Telefónica Conmutada). Como o seu nome indica a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para converter en sinal dixital.
  2. Tarxetas RDSI: Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS (Rede Dixital de Servizos Integrados). Entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
  3. Módems ADSL: A aparición da tecnoloxía ADSL supuxo unha revolución en canto á conexión a internet. Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
    A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como son a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial das velocidades de transferencia.
  4. Router: Este dispositivo, tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.
    O router tamén se encarga de que a información que pasa por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.
  • Conexión a través de cable 
 Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar un cable, habitualmente coaxial; con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. No caso do cable, a conexión non se establece directamente entre o usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, ademais de dispoñer de cobertura tamén é necesario dispoñer dunha modem-cable.
  • Conexión vía satélite
A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía pro un sistema terrestre (RTC, RDSI, xDSL, cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
  •  Conexión por ondas radioeléctricas 
 De forma semellante á conexión de ordenadores nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas radioeléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade. Os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia (entre 28 e 40 GHz). Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operatividade.
  • Conexión móbil
  1. GSM: O sistema GSM é un estándar internacional de telecomunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
  2. GPRS: O sistema GPRS está baseado na comunicación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas.
  3. UMTS: O sistema de comunicación UMTS traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esa alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videocámara.