viernes, 22 de octubre de 2010

PREMIOS PRINCIPE DE ASTURIAS

A Fundación Príncipe de Asturias convoca dende 1981 os Premios Príncipe de Asturias que, anualmente, son entregados por Su Alteza Real el Príncipe de Asturias, Presidente de Honra desta institución, nun solemne acto académico que se celebra en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Son obxectivos primordiais da Fundación consolidar os vínculos existentes entre o Principado e o Príncipe de Asturias e contribuír á exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal.

Categorías e premiados:

  • O Premio Príncipe de Asturias das Artes 2010 foi otorgado ao escultor estadounidense Richard Serra, pola súa audacia para vertebrar dende a súa perspectiva minimalista os espazos urbanos máis significativos a escala internacional, a través de obras de gran potencia visual que invitan á reflexión e ao asombro. Moi vinculado coa mellor tradición da arte europeo ao longo da súa brillante traxectoria, Serra é un artista polifacético cuxa dimensión universal se expresa en formas contundentes e conceptos suxestivos.
  • O Premio Principe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2010 foi otorgado a Alain Touraine y Zygmunt Bauman, considerados dous dos máximos expoñentes do pensamento europeo actual. Teñen analizade as profundas transformacións das estruturas sociais contemporáneas e desenvolveron conceptos clave para a comprensión de cuestións fundamentais do noso tempo.
  • O Premio Príncipe de Asturias das Letras 2010 foi otorgado a Amin Maalouf, pola súa obra, traducida a máis de 20 idiomas, sitúao como un dos escritores contemporáneos que máis afondou na cultura mediterránea, representada como un espazo simbólico de convivencia e tolerancia.
  • O Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2010 foi otorgado a Selección Española de Fútbol, polo triunfo na Copa do Mundo tras vencer no Campionato de Europa converteuse nun dos fitos do deporte español a nivel internacional. A súa exemplar forma de entender o fútbol, baseado na deportividade, o xogo limpo e o compañeirismo logrou reunir millóns de persoas en torno a un equipo que fixo historia.
  • O Premio Príncipe de Asturias das Ciencias Sociais 2010 foi otorgado ao Equipo Arqueolóxico dos Guerreiros de Xian, Considerado un dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do século XX, o depósito dos guerreiros de terracota, tamén coñecidos como Guerreiros de Xi'an, é unha fonte de información de extraordinaria riqueza sobre a civilización chinesa.
  • O Premio Príncipe de Asturias da Investigación Científica e Técnica 2010 foi otorgado aos Cientificos que lideran no mundo a investigacion na loita contra o dolor, Considerados pola comunidade científica como referentes mundiais da Neurobioloxía sensorial, David Julius, Baruch Minke e Linda Watkins descubriron, dende aproximacións complementarias, as causas e mecanismos polos que se produce e percibe a dor, así como outras sensacións como o frío, a calor ou o gusto. Os descubrimentos destes científicos abren novas e esperanzadoras vías ao deseño racional de terapias e medicamentos específicos para o tratamento selectivo dos diferentes tipos de dor, un dos grandes retos da medicina de todos os tiempos.
  • O Premio Príncipe de Asturias da Cooperación Internacional 2010 foi otorgado a The transplantation Society e a Organización Nacional de Transplantes, ambas as dúas institucións destacan polo seu determinante labor no establecemento dos principios médicos e éticos que rexen os procesos clínicos e a investigación científica relacionada cos transplantes.
  • O Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2010 foi otorgado a Manos Unidas, ao longo de 50 anos, Manos Unidas desenvolveu un importante labor humanitario e social, de acción contra a fame e o subdesenvolvemento, e favoreceu o acceso á educación e á sanidade millóns de persoas en todo o mundo, mellorando con iso as súas condicións de vida.



 Premio Principe de Asturias (Clic na imaxe para mais información)
 Gañador do Premio Principe de Asturias das Letras (clic na imaxe para maís información)
Gañador do Premio Principe de Asturias do Deporte (clic na imaxe para maís información)
Gañador do Premio Principe de Asturias da Concordia (clic na imaxe para maís información)

No hay comentarios:

Publicar un comentario